Host: 79.156.38.238
IP: 79.156.38.238
Sistema: Windows XP
que importante e coidar os rios, e ter cupos axeitados
Publicidad
Acabo de chegar de viaxe e veño contento, traía ganas de contarvos o que vivin, estiven por Leon dende o venres, e claro pedin que me levaran a ver bos rios de pesca, subimos por unha carretera que vai as covas de Valpuerca e sube pegada o rio Torío, que maravilla, augas transparentes, tramos vedados, tramos acotados e tramos libres, vianse troitas de todos os tamaños, algunha creo que pasaría dos dous kilos, pero sobre todo moita troita pequena e tamen de medida, fun ata as covas e volvin baixar, por certo vin tamen unha perdiz con polos, cousa que facía tempo que aqui non via, como decía baixei ata a carretera que ia paralela o rio e seguin rio arriba, xa regato pequeno pero con troitas, logo xirei a esquerda en los Carmenes e fun ata Villamanin, na carretera de Leon Oviedo por o puerto de Pajares, comemos estupendamente no restaurante Ezequiel II, recomendovolo si algunha vez vades por esa zona, e logo fun a ver outro rio xa pequeno, era o Bernesga, é o que logo pasa por León, bonito e tamen moita troita. logo baixei hacia Leon e pareceume ver que tiña unha pequena presa, non sei si era pra levar auga pra algún pobo ou era pra minicentral, xa era tarde e non parei, tamen vin na Robla que hai unha central electrica de carbón e non sei si botan porquería o rio, pero pareceume velo limpo mais abaixo, e en leon a auga non se ve sucia. Decía a importancia dos cupos, porque en Leon e Zamora xa fai tempo que o cupo eran 8 troitas, hoxe según me dixo un amigo dalí que deben ser 6, e creo que chegan, eles siguen tendo troitas porque as coidaron dende fai anos, non están plagados de minicentrales e coidan os rios, "nos estamos como estamos"
Respuestas (3)
» que importante e coidar os rios, e ter cupos axeitados « - gerardo - 6/07/2009 02:02