Host: 83.57.63.167
IP: 83.57.63.167
Sistema: Windows XP
O río Navea en Chandrexa de Queixa en peligro de morte. Un día de desesperación...
Publicidad
Sempre o dixen e quizás metín a pata cando no ano 1997, data na que puxen en marcha Ourense Natural; broma ou realidade, dixen que o río Navea en Chandrexa era dos mellores da provincia e dende logo un río san. O día 7 de junio fun a despedirme da pesca este ano, sempre o fixen así e dende 1975 casi sempre nese río. Logo volvía cara o 10 ou 15 de agosto a pechar definitivamente, este ano non o farei... Resumo para non ser pesado: coñezo cada recuncho do río e sei moi ben onde ten que dar troitas. Resultado en todo o día: cero. Catro entradas en lugares moi raros. Estado do río: machacado en tódolos lugares, son catro km. sin vedar e 12 km. vedados eu por suposto pesquei no non vedado. O outro, os 12 kms., péscano día si e día tamén según os que viven na zona. na Ferrería hai unha xente vivindo que foi a que me informou do tema. Nese lugar comenzaqn os 12 kms de vedado, aparte de que se xuntan dos ríos o Naveao río de Queixa e o río Torneiros. Os dous están vedados...e pescados e envelenados a tope... Vín o río cheo de plásticos, xa leva dous anos, moitos cantos rodados cunha especie de gasoil...os cantos rodados, moitísimos, manchados dun polvillo que me lembra o que atopei en Montederramo cando foi o dos puríns...e moi mal. Mirei todo o non vedado, dnde a Ponte ata preto da Ferrería, con cucharilla dende as 7 da mañan a 11: 1 troita pequena que devolvín. Logo de 11 as 13 horas con pluma e de 17 a 22horas con pluma. Entraron as 20 horas algunhas en posturas e entradas moi raras. Pero moi poucas picadas. Tampouco vín abocar e eso que había moito tricóptero na auga, pero nada... Incomodado ou cabreado como estou por ver morrer un río marabilloso poño unhas fotografías na web que envió tamén a Medio Ambiente por si poden investigar algo do que ocurre, penso que non o farán...os ríos non interesan en Galicia...Pero por mín quero facer esta denuncia informal... Vai polo río Navea que tantas satisfacións me deu e por un lugar cunha vexetación incrible e que me gustaría seguir visitanto inda que non sexa de pesca... http://www.galeon.com/sloren/navea/index.html Que vos gusten polo menos as fotografías, xa sei que os que visitades este foro, estas cousas que conto dan unha tristura que non vexas, incluso a algúns que sodes moi optimistas...Pero é o que hai... Eu cheguei a casa coa moral polo chan...e decindo esto acabouse...pero bueno non creo que a miña afición a pesca remate neste lance... Unha aperta a todos.
Respuestas (12)
» O río Navea en Chandrexa de Queixa en peligro de morte. Un día de desesperación... « - Secundino - 9/07/2009 01:40