Host: 83.49.133.12
IP: 83.49.133.12
Sistema: Windows XP
No hay diario
Publicidad
Boas, hoxe non hai diario xa que estou convaleciente (operación de menisco) e como teño bagar estou dándolle duro (non tanto) as moscas.Estou prácticando con unhos tricópteros e gustaríame coller a suficiente práctica para facer tricos de talla pequena xa que os entendidos dín que o mais importante nas moscas é o tamaño logo a silueta e logo o color. Penso que sería boa idea facer montaxes de varias moscas (na cola de rata) variando no tamaño e incluso na silueta, por ejem, facer un tándem con un tricóptero grande (con pelo de cervo ou pluma de galo) unido a un trico seminacido a medias augas e incluso con unha ninfa de trico tb, (xa sei que os pescadores de bolla estarán cabilando que esto xa está inventado hai moito tempo). Outra boa combinación sería tricos en diferentes tamaños etc.... A miña dúbida mais grande é en como se comporta a cola con tanta "carga". Buenos, amigos, o río debe estar de p madre para mosca e como eu non podo ir espero que disfrutedes por min, abur.