Host: 81.37.80.200
IP: 81.37.80.200
Sistema: Windows XP
Diario de pesca 05/07
Publicidad
Boas, onte fun de rebote o Miño (no habia cotos para Carballiño), cheguei as 7.45 e xa estaba un amigo pescando no medio do río, este amigo resultou ser o cuñado de un "gran amigo" (case irmao) co que tamén teño relació pero co cal no coincidía hai alguns anos, este amigo é (podese decir así) o meu gurú da pesca con cola xa que foi o que me facilitou a miña primeira cana de cola, ademais é un maestro do Miño (sobre todo do tramo sen morte en frente as termas) xa que el naceu nu pobo peqado a zoa comentada. Con pouco mais de 45 anos cando fala dos tempos pasados convertese nunha enciclopedia de posturas, zonas de vadeo, mosca efectivas, etc... Con este panorama pescamos de parella toda a mañá (o río todo para nós), o día estaba bó pero non picaban (a min) o resultado foi que o compañeiro colleu duas de "a kilo" e varias picadas mais e o menda non tivo nin picada (levei un capote coma un sol), deuse a casualidad que traía conmigo un cámara de fotos que lle regaloron o meu fillo (de esas sumerxibles) e poiden sacar unhas fotos as fermosas "kilonas" que consegiu sacar o compañeiro (non sen loita xa que a bravura das troitas da a kilo,as corrientes do río, a abundancia de arrabazas e a cana de 8 pés con cola nº 4 e terminal de 16, de feito unha tívena que enganchar eu coa miña sacadeira). Rematando duas troitas de a kilo polo meu compañeiro e nin picada para min, pero non me vou de valeiro porque con compañeiros así aprendese moito (aparte de vivir unha xornada de pesca plenamente satisfactoria), abur.
Respuestas (0)
» Diario de pesca 05/07 « - antonio - 6/07/2009 09:09