Host: 81.44.60.57
IP: 81.44.60.57
Sistema: Windows XP
Diario de pesca 28/06
Publicidad
BOas amigos, coma hoxe non iba estar moi bó (que ano mais raro)convencin a compañeira para ir onte ate o coto sen morte do Carballiño, iba con poucas esperanzas xa que o río leva bastante auga para esta época (o Miño vai coma en Novembro), estaba algo deixado de lado polo encargados de controlar a vida piscícola e os furtivos machacano bastante. Cheguei as 7.30 e decidin darlle coa culleriña (dado o caudal) pola parte de abaixo onde a depuradora resultado varias picadas de troitas pequenas conseguindo enganchar duas nin rastro de troitas da medida. As 9.30 decidin cambiar a cola (de paso estrear a flamante adquisición de este ano de cana de 8 pés con carrete novo con linea 4), escomenzando a pescar a partir do 1º cachón ate o final do coto río arriba con resultado de oito troitas todas da medida (sospeito que todas do pilón), unha que pasaban ben dos 40 cm e kilo ou kilo e medio de peso ( a cana gomeaba de carallo) a loita durou sobre un cuarto de hora, tiben outra picada anteriormente de outra "irmán" (de esas de 40 cm) pero meteuse nunhas arrabazas co desenlance de que se me doblou o anzó coa conseguinte perdida de captura ( averdade e que non me esperaba capturas de ese tamaño polo que a primeira pilloume algo desprevenido e consegiu fuxir, pero non así a segunda).En definitva 10 troitas e varias picadas sin cobro dende as 7.30 ate as 11.30, parece que "algo estase amover no coto", abur.
Respuestas (0)
» Diario de pesca 28/06 « - antonio - 28/06/2009 12:39