Host: 79.155.31.206
IP: 79.155.31.206
Sistema: Windows XP
Diario de pesca 10/05
Publicidad
Boas, ante todo aledome moitísimo de que o Arnoia teña indicios de vida (porque polo que me contan na sua desembocadura escusase ir pescar). Hoxe voltei o Miño (a pesar do cuasicapote do pasado Domingo) pero desta vez insistin coa culleriña, o día estaba despexado con boa temperatura, lua aceptable pero con entrada de baixas presiós, escomencei a "mallar" no recorrido de sempre sen resultado ate que cheguei a un dos puntos "G" do río tiven duas picadas caralludas coa correspondente loita pero co mesmo resultado (derrota), un chisco mais abaixo (no mesmo punto "G") tiven a terceira picada boa pero con resultado ganador ousexa unha fermosa "loura" de unhos 35 cm que se foi despois da foto de rigor (decidín facerlle foto co mobil xa que o outro día estiven nunha armería falando con pescadores e un deles apabulloume con fotos de pesca no mobil e decidín sacar algunha para ter resposta) seguín pescado e collín outras tres pequenas e cando me dirixía hacia outro punto "G", escarallouseme o car rete e decidín ir o coto sen morte do Arenteiro, cheguei as 10.30, collín un coto e escomencei a "varear" con seca e na terceira vareada collín unha da medida (do pilón) fun subindo e collín outras duas do pilón (o rio aínda está algo alto) e no final do tramos collín outras duas fermosas do país. Total 9 troitas nunha mañá bastante movida, abur.
Respuestas (1)
» Diario de pesca 10/05 « - Antonio - 10/05/2009 23:13