Entrega de firmas    

Fecha  10/09/2007 20:53 
Host: 83.56.79.48    IP: 83.56.79.48    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder Salvar O Courel   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
Publicidad
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=77&idNoticia=207508

novo 'prestige'
Entréganse hoxe 21.000 sinaturas para salvar o Courel
Esixen que a espectacular área da serra luguesa sexa parque natural e que a defendan do ataque das canteiras
MARTA RODRÍGUEZ. SANTIAGO


A asociación ecoloxista SOS Courel entregará hoxe luns na Xunta de Galicia as 21.000 sinaturas que recolleron para que esta zona do interior lucense sexa declarada como Parque Natural.

Os ecoloxistas presentarán os documentos coas sinaturas ás 11.00 horas no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, no edificio administrativo de San Caetano, en Santiago. Ademais, teñen previsto permanecer no edificio durante tres horas xa que os responsables do rexistro teñen que selar cada un dos folios, por tratarse de documentos independentes, o que levará bastante tempo.

O Courel segue reivindicando a súa identidade e semella que a súa loita comeza a traspasar fronteiras. Se moitos medios do país lle adicaban páxinas durante estes meses a esta zona nunha Rede Natura que, como o Guadiana, aparece e desaparece, xusto esta semana a revista Interviú adícalle unha ampla reportaxe cun título no que sobran as explicacións: "Os outros Prestige de Galicia".

No artigo, asinado por Alba Pérez e con fotografías de Ramón Mourelle, fálase de "canteiras que rabuñan os montes e vertedoiros carentes de infraestruturas" , ademais de tratarse a problemática da contaminación da ría de Vigo, onde os "verquidos indiscriminados ó mar son o pan de cada día". O obxectivo é dar a coñecer a nivel estatal unhas problemáticas que non ocupan as portadas como si pasou co petroleiro, pero que son verdadeiros atentados ambientais.

Desde a activa asociación SOS Courel, o seu vicepresidente Orlando Álvarez confesa a súa satisfación pola cobertura da problemática nos medios e, sobre todo, do calado que pode ter nunha revista como Interviú. Para el, a comparación co 13-N non é esaxerada, porque "a contaminación e alteración dos nosos ríos non é de cor tan negra e pegañenta, pero pode ser tan letal ou máis".

Segundo o experto, está claro que o mar sofre o impacto dos refugallos dos ríos aínda que non haxa estudos que o demostren, e no caso do Courel, o lixo das minas de antimonio mestúrase coa auga, e ademais, as concas desaparecen por debaixo dos cascallos e volven aparecer máis abaixo. Álvarez denuncia que "a normativa europea da auga fala de análises periódicas e estritas de limpeza e descontaminación e isto non se fai".

Novo Prestige ou non, o certo é que a fermosa serra luguesa adoece de esquecemento das autoridades, inmersa nunha Rede Natura sen concreción e sen un plan de viabilidade para o futuro. Nesta idea, precisamente, redunda a revista galega Tempos Novos, dirixida polo xornalista e docente da Universidade de Santiago Luis Álvarez Pousa.

Na súa editorial do pasado agosto, titulada O Courel, espello do país, a publicación sentencia que Galicia, unha vez máis, se rendeu "á chantaxe industrial, é dicir, emprego a cambio de deterioro ambiental, o que a sitúa de novo no sur do occidente rico", afirmando que a montaña "non é ­unha excepción, senón a norma".

Para SOS Courel, o título non pode ser máis acertado nun país onde semella que todo se fai a medias. "Non pode ser que o territorio de maior biodiversidade de Galicia, alén do mar, se teña abandonado e non se faga un plan de futuro que conleve unha posta en valor do patrimonio, ademais de natural, cultural e etnográfico", censura Álvarez.

Os veciños e asociacións de conservación da natureza piden que a Rede Natura non se deseñe nun mapa "tan incoherente e cheo de flocos que responden a intereses económicos" ante a pasividade das consellerías competentes. Para Orlando, "semella que todo encaixa nun posible plan a prol das explotacións mineiras e agás nas canteiras, non se crean postos de traballo e alternativas ós negocios, que teñen que pechar".

Na editorial de Tempos Novos, incídese que "hai situacións nas que é preciso escoller porque non é de recibo que nunha zona con esta biodiversidade e a riqueza paisaxística se acceda á presión do lobby da lousa. Que á beira do futuro Parque Natural que se proxecta na zona, aniñen as canteiras. Porque a paisaxe e os tesouros naturais tamén son, como non, fonte de riqueza e é preciso dalo a coñecer, porque a esquilma da terra non é a única saída posible".

Polo tanto, para SOS Courel "que sexamos o espello do país é axeitado porque aquí se fai todo ó revés". Despois dun verán reivindicativo, coa orixinal Festa da Revolta para reclamar "sentidiño" para esta fermosa zona rica en todos os aspectos, segue a loita desde estes pequenos redutos de resistencia ocultos na inmensidade da montaña de Lugo.

Alomenos, co respaldo de moitos medios de comunicación, o seu eco chegará moito máis lonxe e, quen sabe, ó mellor acaba por ser escoitado. Hoxe darase un novo paso.
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               
 

Respuestas (0)
 
  • » Salvar O Courel « - Entrega de firmas - 10/09/2007 20:53 


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje