Santi Arbós    santiarbos@yahoo.com Fecha  18/03/2008 20:24 
Host: 88.20.65.112    IP: 88.20.65.112    Sistema: Windows XP


Volver al foro Responder O BNG insta a facer unha campaña para fomentar os nomes en galego   Admin: Borrar 	mensaje
 
Mensaje
O BNG insta a facer unha campaña para fomentar os nomes en galego
O deputado Bieito Lobeira lembra que o Parlamento aprobou o ano pasado unha iniciativa nacionalista que instaba á recuperación dos nomes e apelidos galegos deturpados.


Domingo, 16 de marzo de 2008

XORNAL I Santiago.- O portavoz en materia de Lingua do grupo parlamentar do BNG, Bieito Lobeira, vén de rexistrar unha pergunta para a súa resposta oral sobre as medidas previstas para a proteción dos nomes e apelidos galegos e a restitución de aqueles que foron depturpados.

No texto da iniciativa, o deputado nacionalista lembrou que en abril do ano pasado, o Parlamento Galego aprobou unha proposición non de lei do BNG relativa, xustamente, a esta materia e apunta que o mandato parlamentar incluía a adopción de medidas para a posta en marcha dunha campaña social de popularización dos nomes en galego e a recuperación de apelidos galegos, "liberándoos de deturpacións españolizadoras impostas no seu día fundamentalmente pola Igrexa Católica e o funcionariado".

Lobeira xustifica a necesidade de levar á práctica o mandato parlamentar apuntando dados facilitados polo Institución Nacional de Estatística nos que se subliña que Galiza é a nación do Estado que menos emprega nomes en galego e lembra que, segundo o Instituto da Lingua da USC e o seu traballo de "Cartografía dos apelidos", "unha parte moi importante da onomástica galega está a piques de desaparecer se non se toma ningunha medida para remedialo".

En vista do exposto, o portavoz de lingua considera que esta situación "debe obrigar á Administración Galega, e específicamente á Secretaría Xeral de Política Lingüïstica a pór en marcha as medidas acordadas no mandato parlamentar".





COMENTARIOS
Asunto: Xa abonda!
Autor: Tino
(conprepa@hotmail.com)
Comentario:
É absolutamente inaceptabel escoitar en medios de comunicación galegos cómo len os apelidos galegos deturpados: Ameijeiras, Buján, Oujo, Tojeiro... mentres eses mesmos xornalistas len Pujol (con dición catalá), Bush (con dición anglosaxona)...
E os galegos? Por q non din Ameixeiras, Toxeiro, etc? Ou en tal caso non deberian ler o ,,j" con dición española e si galega. Entón deberian dicir Ameilleiras ou Tolleiro.
En definitiva, xa abonda de castelanismos impositores: galequización dos apelidos XA!
>Responder a este comentario<

--------------------------------------------------------------------------------
Asunto: A predicar co exemplo...
Autor: Xan
(gz@gz.gz)
Comentario:
Pois que comecem os próprios do BNG a predicar com o exemplo, porque hai alguns apelidos "suspeitosos" por aí...


http://www.xornal.com/article.php3?sid=20080316231137                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                
 

Respuestas (0)
 
  • » O BNG insta a facer unha campaña para fomentar os nomes en galego « - Santi Arbós - 18/03/2008 20:24


Volver Responder
 
Nombre
E-Mail
Asunto
Web
Enlace a una
imagen

Mensaje